Thursday 16 de May de 2024

Inés Rey visita as obras de demolición do viaduto, que avanzan a bo ritmo e segundo os prazos marcados


 

A alcaldesa agradeceulle á veciñanza a súa paciencia polos traballos dun proxecto complexo que entrou na súa terceira fase e que inclúe a urbanización da zona con novos espazos peonís e un carril bici

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de
Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitaron esta mañá as obras de demolición do viaduto da
Rolda de Nelle para comprobar o avance do proxecto que xa entrou na súa terceira fase e
que suporá unha gran transformación na mobilidade do barrio, onde os peóns terán
prioridade.
A rexedora, que destacou que os traballos avanzan “a un ritmo espectacular” e dentro dos
prazos previstos, valorou como “moi positivo” o feito de que, a pesar da complexidade
técnica do proxecto, “en apenas cinco días a avenida Fisterra estea aberta ao tráfico”. Rey
felicitou o persoal técnico e as traballadoras e traballadores da empresa por lograren en
pouco tempo que os vehículos poidan circular, e as persoas responsables da área de
Mobilidade e mais a Policía Local polo seu labor, “xa que os problemas de circulación e as
retencións de tráfico foron mínimos”.
E, por suposto, quíxolle agradecer á veciñanza da zona “a súa paciencia” polos
inconvenientes xerados polos labores de derrubamento. Non é unha obra sinxela pero si
moi necesaria, dixo á vez que destacou o impacto visual que supón para as e os veciños
ver tan despexada a zona sen o viaduto despois de 40 anos.
A actuación entra na súa terceira fase de desenvolvemento. Ata o día 5 de marzo
demoleranse os vans 2 e 1, así como os estribos e os muros dos estribos. Nesta fase,
manterase o valado da fase 2 mais permitirase o paso peonil e de vehículos pola avenida

Nota de Prensa

de Fisterra. A partir do 5 de marzo, unha glorieta servirá para regular o tráfico coa avenida
de Fisterra.
Unha vez que finalice por completo a demolición e se recolla o entullo, porase en marcha o
proxecto de humanización do barrio, que inclúe ampliación de beirarrúas e espazos peonís,
plantación de árbores e instalación de bancos e mais dunha estación de Bicicoruña,
explicou a alcaldesa durante a súa visita.

Estación Intermodal
Canto ás obras da Intermodal, o edil de Urbanismo, Juan Díaz Vlloslada, confirmou que o
concello xa puxera en marcha todas as modificacións do Plan xeral de ordenación municipal
que garanten os accesos á estación. “Estamos traballando de maneira conxunta coa Xunta
e Adif para ultimarmos termos do convenio que debemos asinar as tres administracións”,
explicou.
Villoslada confía en que nun par de semanas se poida presentar un borrador de convenio
que recolla a petición de Adif de contar con máis edificabilidade no ámbito ferroviario.
Peticións, reiterou, que non chocan cos intereses municipais.